Axudante · v2 en probas

Guía de inxección JS en Tramita

Tzero separa qué se executa (módulos JavaScript no servidor) de cando se executa (userscripts mínimos no navegador que só disparan a carga). O código inxectado corre no mesmo contexto que a aplicación Tramita (DOM, cookies, sesión).

Instala o ZIP TZ-granular-VM.zip ([TZ] …). Desinstala scripts antigos [TZ v2] … se aínda os tes.

Fluxo de carga

  1. Un userscript asociado á URL da pantalla (por exemplo */igxsts/*) inclúe tz-bootstrap.js desde https://tramitazero.robertog.es/js/core/tz-bootstrap.js?v=2.0.0.
  2. O bootstrap inicializa window.__TZ__, carga tz-helpers.js (preferible vía @require no userscript) e expón loadModule(nome), shouldLoadModuleOnPage(nome) e a lista negra localStorage tz.disabled.
  3. O userscript chama __TZ__.loadModule('NomeModulo').
  4. O servidor devolve JavaScript desde javascript.php?script=NomeModulo (prepend tz-context.js + tz-helpers.js).
  5. O módulo modifica a páxina: estilos, eventos, peticións a procedimentos.php, etc.

Comportamento do núcleo

  • Nome curto no header — primeiro token do perfil no header Tramita.
  • Filtro de consola — silencia ruído do acordeón salvo tz.debug=1.
  • Alias legacyClickTRFilaClicableLista, TZ-DatosProcedementoCabeceraProcedemento, etc.

Módulos transversais (exemplos)

CambiosEsteticos
Axustes visuais globais en */xsts/*.
RecortarEspazosBusca
Normaliza espazos en branco en campos de busca.
FilaClicableLista
Clic en calquera celda da fila abre o detalle.
CabeceraProcedemento
Código:descrición do procedemento na cabeceira.
TZero (userscript Tzezo)
Changelog Tzero na home XSTS.

Catálogo e transporte

Lista completa: Servidor JS (/javascript.php?script=). A ruta legacy /v2/javascript.php responde 410.

Depuración

  • localStorage.setItem('tz.debug','1') — trazas en consola.
  • __TZ__.listDisabledModules() — módulos desactivados.
  • __TZ__.bootstrapVersion — debe ser 2.0.0 tras reimportar o ZIP.