Addon LibreOffice (Tzero JOOScript)
Extensión de LibreOffice Writer para inserir, editar e validar marcadores JOOScript (FreeMarker 2.3.16 / JODReports) nas plantillas ODT de Tramita.
Descargar bloques.json Valida plantillas ODT
O addon Tzero JOOScript Editor engade en Writer un diálogo para traballar cos scripts FreeMarker embebidos no ODT (ocultos e visibles). Permite:
- Inserir fragmentos JOOScript (funcións, variables, estruturas).
- Editar o contido dun marcador xa existente.
- Validar a sintaxe contra FreeMarker 2.3.16 (a mesma do motor TRAMITA).
Os desplegables do diálogo non veñen cheos de fábrica: hai que cargar un
catálogo JSON (bloques.json). Sen el, aparecen baleiros (Catálogo: ninguno).
-
Instala a extensión
.oxten LibreOffice (Ferramentas → Xestor de extensións → Engadir). Pecha Writer por completo antes de probar un OXT novo. - Abre un ODT de plantilla e usa o diálogo Tzero para inserir ou editar JOOScript.
-
Pulsa Catálogo… → Examinar… e escolle o
bloques.jsondescargado desta páxina (ou pega a ruta absoluta). -
Pulsa Cargar. Comproba a etiqueta
Catálogo: /ruta/ao/bloques.json. - Os desplegables Función, Variable e Estructura pásanse a encher. Se editas o JSON a man, usa Recargar.
Tamén podes fixar a ruta sen abrir o diálogo, en
~/.config/tzero/catalog.properties (Linux) ou
%APPDATA%\Tzero\catalog.properties (Windows):
file=/ruta/absoluta/bloques.json # url=https://tramitazero.robertog.es/downloads/tzero/bloques.json
Orde de resolución: variable TZERO_CATALOG /
-Dtzero.catalog → file= → url=.
É o catálogo de referencia aliñado cos bloques 2/3 das plantillas TRAMITA
(funcións como importe, variables de procedemento, estruturas Hash, etc.).
Formato: seccións structures, variables, functions.
Cada entrada ten name, description (tooltip) e
insert (texto que se pega no caret).
Importante: o JSON só alimenta a UI do addon. Non define funcións no motor: o que pegues debe existir no script FreeMarker da plantilla (ou fallará ao xerar o documento).
Descargar bloques.json
URL directa:
downloads/tzero/bloques.json
- Valida plantillas ODT — comproba FreeMarker no servidor (fmchk).
- Visor de parámetros — entende o payload que recibe a plantilla.
- HTML datos específicos — xera o fragmento Thymeleaf dos formularios.